Campionato Galego Junior e Absoluto

Esta fin de semana celébrase en Ourense, na Piscina de Rosario Dueñas, de 50 metros, o Campionato Galego de categorías Junior e Absoluta. O Club Natación Arteixo terá a presencia dun total de 25 deportistas que participarán en probas individuais e tres remudas junior, e cinco absolutas masculinas e femininas.

O campionato durará dende o venres ata o domingo, e consistirá en dúas sesións diarias, de eliminatorias pola mañán e finais pola tarde. Esta é unha das competicións autonómicas máis importantes da tempada, despois de que este Equipo participara na Fase Final da Liga co éxito de ascender a División de Honra, agora competiremos coa vista posta en mellorar as marcas persoai e acadar os mellores postos posibles nas clasificacións por equipos.

Poderemos seguir os resultados prácticamente en directo no enlace que deixamos a continuación.

Ánimo e sorte a tod@s!

Web do Campionato