Campionato Galego Junior e Absoluto

Esta fin de semana celébrase en Pontevedra, na Piscina de Rías do Sur, de 50 metros, o Campionato Galego de categorías Junior e Absoluta. O Club Natación Arteixo terá a presencia dun total de 22 deportistas que participarán en probas individuais e tres remudas junior e cinco absolutas masculinas e femininas.

O campionato durará dende o venres ata o domingo, e consistirá en dúas sesións diarias, de eliminatorias pola mañán e finais pola tarde.

Esta é unha das competicións autonómicas máis importantes da tempada, que aínda que non pode asistir todo o Equipo, os asistentes poñerán toda a súa ilusión e entrega no evento. Adorna esta nova a foto da recente Fase Final onde case todo o Grupo estaba presente.

Poderemos seguir os resultados prácticamente en directo no enlace que deixamos a continuación.

Ánimo e sorte a tod@s!

ConvocatoriasWeb do Campionato