Campionato Galego Junior e Absoluto

Esta fin de semana celébrase en Ourense, na Piscina de Rosario Dueñas, o Campionato Galego de categorías Junior e Absoluta. O Club Natación Arteixo terá a presencia dun total de 23 deportistas que participarán en probas individuais e tres remudas junior e cinco absolutas masculinas e femininas.

O campionato durará dende o venres ata o domingo, e consistirá en dúas sesións diarias, de eliminatorias pola mañán e finais pola tarde.

Vémonos reforzad@s para este campionato coa presencia da nosa nadadora máis internacional, Paula Otero, o que fará ó noso equipo un pouco máis competitivo.

Poderemos seguir os resultados deste Equipo prácticamente en directo no enlace que deixamos a continuación.

Ánimo e sorte a tod@s!

ConvocatoriasWeb do Campionato