Esta fin de semana celébrase o Campionato Galego Junior e Absoluto de verán. Será en Ourense, na piscina de Rosario Dueñas, de 50 metros. Durará dende o venres ata o domingo e constará de eliminatorias en sesión de mañán e finais polas tardes. O Club Natación Arteixo acude con un total de 21 nadador@s, 9 junior e 12 absolutos, que participarán nun total de 64 probas individuais e 15 remudas de categorías junior e absolutas.
Este será o evento que pechará a tempada competitiva para a natación galega, esperamos que este grupo de nadador@s nade coa motivación que lle pode dar recordar a tempada que leva, con moi bos momentos competitivos vividos como Equipo, un dos mellores, o ascenso a División de Honra a principios de maio.
Vamos EQUIPO!!