Mañá sábado 12 comeza o Campionato Galego Infantil de verán en Pontevedra, na piscina de 50 metros, Rías do Sur. Esta competición consta de 2 xornadas en sesión de mañá e tarde e o Club Natación Arteixo participa con un total de 8 deportistas (4 nadadores e 4 nadadoras).
Alba, Laura, Melina e Uxía. César, Estevo, Sergio e Víctor. Estes serán os protagonistas que participarán nun total de 19 probas individuais e as 3 remudas femininas e masculinas do campionato.
Podedes estar ó día dos resultados e clasificacións premendo no enlace:
¡¡Sorte EQUIPO!!