Rematou o Campionato Galego Infantil de verán celebrado esta fin de semana en Pontevedra, na piscina Rías do Sur. O Club Natación Sarval Arteixo con 8 representantes, acadou a seguinte clasificación por club: 12º posto en categoría masculina, 11º na feminina, e 13º na clasificación conxunta.
En canto as remudas, este equipo infantil quedou clasificado da seguinte forma: 4×100 libre (9º feminino), 4×200 libre (12º masculino, 13º feminino), 4×100 estilos (10º masculino, 11º feminino).
En resultados individuais destacamos que obtiveron un total de 5 medallas, 3 pratas para Alba Gómez, e 2 bronces para Sergio Pose e Estevo Capelán.
¡¡Noraboa Equipo!!