Obxectivo cumprido no Campionato Galego Infantil, subimos os postos nas clasificacións dende o de Inverno. Ascendemos ó 6º posto na masculina e ó 10º na conxunta, clasificación que só é posible coa presenza de Nerea defendendo ó Arteixo na feminina. Isto confirma a gran mellora deste grupo de nadadores/as na segunda parte desta tempada 2014/2015.
O momento máis emocionante, coma no campionato absoluto chegou xusto co remate da competición, no que o equipo masculino loitou a súa derradeira remuda de 4×100 estilos con gran entusiasmo, xa que sabían que podían aspirar a unha boa marca. Con moita igualdade durante toda a proba, remataron en 4º posto a menos dun segundo dos mellores equipos, Ourense, Liceo e Club del Mar. No resto das remudas acadaron o 7º posto en 4×200 libre e 0 10º no 4×100 libre.
A nivel individual cabe destacar as sete medallas acadadas, dous ouros, dúas pratas e tres bronces, e as tres mínimas para o Campionato de España Infantil que se celebrará en Sabadell dentro de 15 días. Estes nadadores son César Pazos en 100 braza (1.11.45) e 200 braza (2.35.20), e David Iglesias en 200 bolboreta (2.21.49).
¡¡Noraboa a tod@s polos resultados e a seguir mellorando…!!