Campionato Galego Infantil. Resultados

Esta fin de semana celebrouse en Ourense o Campionato Galego de categoría infantil. O Club Natación Arteixo tivo unha participación de catro nadadores e catro nadadoras que obtiveron moi bos resultados, acadaron moitas MMP, seis medallas, e subiron considerablemente os postos das remudas respecto á inscripción.

Foi unha intensa fin de semana, composta de dúas xornadas con dúas sesións de competición, Aloia, Daniela, Marta, Martina, Berto, Lucas, Manuel e Yago tiveron ocasión de convivir e competir en probas individuais e un total de catro remudas. A clasificación como equipo foi a seguinte, 11º posto na masculina, 14º na feminina, e 13º posto na conxunta.

As remudas, que sempre se destacan por ser o mellor dato do traballo en equipo e da mellora do grupo, obtiveron bos resultados, mellorando moito as marcas de saída. Fomos 8º masculino e 12º feminino en 4×100 libre, e 9º masculino e 11º feminino en 4×100 estilos.

A nivel individual, destacamos que se batiron moitas mellores marcas persoais nadando en xeral con unha gran actitude competitiva. Obtivemos un total de seis medallas, un ouro, catro pratas e un bronce. Os medallistas foron, Daniela Dasilva, Berto Cayazzo, Yago Barba, e Manuel Lema, que ademáis acadou a marca mínima para o Campionato de España na proba de 50 costas.

Noraboa Equipo!!

Resultados