Esta fin de semana celebrouse en Cervo o Campionato Galego Infantil de Inverno. Asistiron un total de nove deportistas que voltan con todas as súas marcas como MMP. Obtivemos un total de catro medallas e voltamos con ganas de mellorar de cara ó ciclo de verán.
O campionato celebrouse na Piscina de Cervo, de 50 metros o sábado e domingo en dúas sesións. A clasificación por clubs foi a seguinte, na masculina quedamos no 14º posto, 19º na feminina e 16º na clasificación conxunta.
A nivel de grupo destacamos os postos acadados nas remudas, os nenos foron 10º en 4×100 libre e en 4×100 estilos. O equipo feminino acadou o 15º posto en 4×100 libre e 4×100 estilos.
Obtivemos un total de catro medallas en probas individuais (1 prata e 3 bronces). Os medallistas foron, Daniel Dasilva, Manuel Lema e Berto Cayazzo.
Noraboa a tod@s polos resultados!!



