Campionato Galego Infantil. Resultados

Acaba de remtar o Campionato Galego Infantil que se celebraba esta fin de semana en Ourense, na Piscina de Rosario Dueñas, en Ourense. Os catro representantes do Club Natación Arteixo competiron a bo nivel e acadando mellores marcas persoais en piscina de 50 metros, nun campionato marcado pola ola de calor.

 Os protagonistas foron: Manuel Lema nadando 50, 100 e 200 costas, e 200 estilos. Este nadador acadou medalla de bronce de 14 anos na proba de 50 costas.

Jazzmin Rubio participou en 50 costas, 50 bolboreta e 50 e 100 libre. Krisztofer Rubio 50 bolboreta, 50 braza, 50 libre e 50 costas. Lucas Díaz nadou as probas de 200 braza, 200 estilos, 100 costas e 50 libre. O equipo era pequeno pero o ánimo e a capacidade competitiva foi moi salientable. Este equipo aumentou moito a súa participación e o nivel de marcas dende o galego de inverno, bo remate de tempada para encarar a vindeira con ilusión e ganas de seguir mellorando.

Noraboa e a disfrutar do verán!!

Resultados