Esta fin de semana o Equipo Infantil rematou a súa etapa competitiva desta tempada con un bo remate participando no seu Campionato Galego de verán. Obtivemos bos resultados, con moitas MMP, oito medallas e un gran traballo de motivación e ánimo de equipo.
A nivel de equipo destacamos sobre todo a actitude competitiva tanto a nivel individual coma de grupo. Estamos construindo con estes infantís un bo futuro para o noso club. Na clasificación por clubs acadamos o 13º posto feminino, o 18º masculino e o 15º posto na clasificación conxunta.
Nas remudas acadamos os seguintes resultados: 4×100 libre, 15º masculino e 14º feminino; 4×200 libre 14º masculino e feminino; e 4×100 estilos, a máis emocionante sempre por ser a que clausura o campionato e porque é típico do noso club que sexa a máis motivante, 15º masculino e 13º feminino.
A nivel individual destacamos o boa actitude competitiva de todos os asistentes e por suposto, as oito medallas acadadas por Aarón, Miriam e Paula, 1 ouro, 3 pratas e 4 bronces.
Parabéns a tod@s polos resultados e por toda a tempada 22/23, para a seguinte máis e mellor.
Noraboa EQUIPO!!