O Equipo Infantil do Club Natación Arteixo participó esta fin de semana no Campionato Galego Infantil de Inverno. Foi en Cervo o sábado e domingo en sesións de mañán e tarde e os participantes volven con moitas MMP e moi boas sensacións por ter competido como un bo grupo e moi motivados/as.
Os resultados conxuntos foron os seguintes: 13º da clasificación feminina, 17º na masculina e 16º na conxunta. Participamos nun total de cinco remudas, dúas masculinas e tres femininas. As nenas acadaron o 13º posto en 4×200 libre, e 14º en 4×100 libre e 4×100 estilos. O equipo masculino acadou o 15º posto nas remudas de 4×100 libre e 4×100 estilos.
Pero sen dúbida, o máis salientable foi a actitude competitiva do grupo e o aproveitamento da ocasión para aumentar a súa cohesión de grupo e a súa motivación de cara ó ciclo de adestramento que agora empezan de cara a mellorar para o Campionato Galego de verán.
Noraboa a tod@s: Aarón, Diego, Iván, Ricardo, Carla, Catalina, Mara, Miriam, Paula Ramos e Paula Rodríguez. De aquí a máis e a mellor…