Rematou o Campionato Galego Infantil con bos resultados para o Club Natación Arteixo. O máis destacable unha vez máis, foi o ambiente competitivo creado por este gran grupo do Club Natación Arteixo. Nadaron con enorme espíritu competitivo e animaron como se todo o equipo fora unha soa voz. O resultado da clasificación destes 12 deportistas foi de 7º na conxunta, cun 8º posto na feminina, 9º na masculina.
O campionato celebrouse na Piscina de Cervo, en Lugo, constou de dúas xornadas, sábado e domingo, en sesión de mañán e tarde. Unha axenda bastante apretada, tempo para competir en probas individuais e remudas. O nivel deportivo foi moi bo, con numerosas MMP (mellor marca persoal). Destacamos, coma sempre, a labor das remudas que foron do máis interesante e reñidas. En 4×200 libre que se celebrou o sábado acadamos o 8º posto masculino e o 7º feminino; no 4×100 libre, o domingo pola mañán fomos 6º masculino e feminino; e o relevo máis emocionante, o que clausura todos os campionatos, foi o de 4×100 estilos, no que acadamos o 7º posto masculino e 8º feminino.
Foron medallistas con un total de seis metais os nadador@s Eva Sánchez e Manuel Varela con un total de 2 ouros, 3 pratas e 1 bronce, nas probas de 100 e 200 costas e 200estilos.
Carmela, Claudia, Eva, Nerea, Nuria, Catalina, Miriam, Manuel, Pablo, Alejandro, Aarón e Ricardo
Este campionato foi un gran colofón a unha tempada de unha boa mellora deste grupo de categoría infantil, asentáronse no grupo de adestramento dos maiores, ademáis de mellorar o seu nivel técnico e competitivo, este é o noso futuro, a tempada que ven Máis e Mellor.
CNArteixo Noraboa!!