Campionato Galego Infantil, Junior e Copa Senior

Unha gran parte do equipo de maiores, asiste esta fin de semana a Pontevedra para unha das grandes citas da tempada. Celébrase o Campionato Galego de Inverno Infantil e Junior, e como o ano pasado, paralelamente, a Copa Senior. Un total de 18 nadadores/as representarán ó noso club neste evento.

O Campionato celébrase na Piscina de 50 metros de Rías do Sur, en Pontevedra, en 3 xornadas de dúas sesións cada unha, dende o venres ata o domingo. En tódalas probas haberá series de categorías Infantil e Junior e unha ou dúas de categoría senior.

No total dos deportistas que asisten teremos, 3 Senior, 8 Infantiles e 7 Junior, que participarán nun total de 59 probas individuais. Tamén participaremos en remudas de categoría masculina e feminina Infantil e masculina Junior.

Estaremos atent@s ós resultados deste equipo na páxina da FEGAN, onde os publican case en directo:

Web do Campionato

Convocatorias