Campionato Galego Infantil e Junior

Dende hoxe pola tarde ata o domingo, celébrase en Ourense, na Piscina de 50 metros Rosario Dueñas, o Campionato Galego de Inverno de categorías Infantil e Junior.

O Club Natación Arteixo participa con un total de 12 deportistas, 5 nenas e 7 nenos; 40 probas individuais e un equipo infantil masculino de remudas.

Equipo Infantil: Alba, Uxía, César, Martín, Sergio e Víctor

Equipo Junior: Ana, Emma, Laura, Fran, Luis e Omar

Para estar ó día de como vai a competición, consultar horarios, resultados etc, podedes premer no seguinte enlace:

Web do Campionato

¡¡Ánimo a tod@s!!