Campionato Galego Infantil e Junior

O noso equipo Infantil e Junior estrean este entroido competindo na máis importante cita de inverno, o Campionato Galego. Este celebrarase en Cervo (Lugo), en piscina de 50 metros, en cinco sesións de venres, sábado e domingo.

Este equipo está formado por un total de 13 deportistas, 6 de categoría infantil e 7 de categoría junior. Participarán en 39 probas individuais, en tódalas remudas masculinas junior e nas de 4×100 libre e 4×100 estilos feminino infantil.

Para estar ó día dos resultados do campionato podedes facelo na páxina oficial:

Web do Campionato

Ánimo e sorte a tod@s!!

Convocatorias