A partir de mañá celébrase en Cervo (Lugo) o Campionato Galego Infantil e Junior de Inverno en piscina de 50 metros. O Club Natación Sarval Arteixo participa con 10 nadadores e 4 nadadoras que participarán nun total de 34 probas masculinas, 13 probas femininas e 6 remudas.
O campionato consta de 5 sesións, dende venres pola tarde ata o domingo. Podedes estar ó día dos resultados na web do campionato que enlazamos a continuación.
¡¡Ánimo e sorte EQUIPO!!