Campionato Galego Infantil e Junior

Esta tarde comeza en Ourense o Campionato Galego de categorías Infantil e Junior, alí reuniranse os mellores nadadores/as de toda Galicia nestas categorías e o Club Natación Arteixo participa con 14 deportistas.

Será na Piscina Rosario Dueñas, de 50 metros e constará de 5 sesións, dende hoxe ata a tarde do domingo 15.

6 junior (Martín, Omar, Alba, Ana, Melina e Uxía) e 8 infantís (Nerea, Carlos, César, David, Estevo, Iván, Sergio e Víctor), que nadarán un total de 46 probas individuais e 5 remudas. Moi boa participación a do Club noso club nesta edición do campionato.

Podedes mantervos ó día dos resultados na páxina oficial da Federación Galega, onde os van actualizando practicamente de forma inmediata.

¡¡Sorte e ánimo para esta importante cita!!

Web Campionato