Esta fin de semana celébrase en Pontevedra o Campionato Galego Infantil de Inverno, e o Club Natacion Arteixo contará coa presencia de catro deportistas que participarán en un total de sete probas individuais. Os protagonistas serán Jazmin, Krisztofer, Lucas e Manuel Lema. Este equipo é reducido, pero non lles falta motivación para encarar esta competición.
O evento contará con dúas xornadas con sesións de mañán e tarde, e poderemos estar atent@s ós resultados no enlace que deixamos a continuación.
Ánimo e sorte!!