Esta fin de semana celébrase o Campionato Galego Infantil, coa gran noticia de que por fin volve a ser na Piscina pontevedresa de Rías do Sur. Será en catro sesións de sábado e domingo mañán e tarde. Nadarase todo o calendario de probas. O noso club asiste con un total de once deportistas, catro nenos e sete nenas que nadarán un total de 25 probas individuais e as 6 remudas do campionato.
Aarón, Diego, Iván e Ricardo no equipo masculino; Carla, Catalina, Jázmin, Mara, Miriam, Paula Ramos e Paula Rodríguez forman o equipo feminino. Podemos seguir os resultados case a tempo real na páxina da FEGAN que enlazamos a continuación.
Ánimo e Sorte Equipo!!