Esta fin de semana celébrase en Pontevedra, na Piscina Rías do Sur, o Campionato Galego Infantil de Verán. O Club Natación Arteixo participa con un total de 16 deportistas, nove nenos e sete nenas que nadarán un total de 33 probas individuais e tódalas remudas do campionato, tanto en masculino coma en feminino. Será o sábado e o domingo en sesións de mañán e tarde.
Este equipo leva toda a tempada adestrando coa ilusión de poder participar neste campionato e que se poidera celebrar, xa que o de inverno non foi posible. O traballo xa está feito, agora só queda «batirse» co crono e ir a por todas.
Poderemos estar atentos/as ós resultados na páxina da FEGAN enlazada a continuación.
ConvocatoriasWeb do Campionato