Esta fin de semana celébrase en Ourense, na Piscina Rosario Dueñas, o Campionato Galego Infantil de verán, no que participamos con sete nadadores e unha nadadora.Os compoñentes desta categoría levan dende o o campionato de inverno, celebrado en febreiro, mellorando moito, tanto nos seus adestramentos, coma nas competicións nas que participaron, xogando un gran e importante papel no ascenso a división de honra do Club Natación Arteixo. Loitaremos por mellorar o 8º posto acadado na clasificación masculina do campionato de inverno. Nerea axudará a ter unha mellor clasificación conxunta.
Nadarán un total de 24 probas individuais e 3 remudas repartidas en catro sesións o sábado e o domingo. Fin de semana intenso para o que lles desexamos o mellor a este equipo que representa o futuro do Club.