Campionato Galego Infantil

O noso equipo infantil xa está preparado para a súa competición máis importante deste ciclo de verán, o Campionato Galego. Será en piscina de 50 metros, na ourensana de Rosario Dueñas. Consiste en duas xornadas con sesións de mañan e tarde nas que se nada o calendario completo de probas, nos participaremos tamén en catro remudas, de 4×100 libre e 4×100 estilos masculina e feminina.

Os protagonistas serán, Aloia, Daniela, Marta, Martina, Berto, Lucas, Manuel e Yago. Poderemos estar atentos ós resultados da competición e consultar toda a información no enlace que deixamos a continuación.

Ánimo e Sorte Equipo!!

Web do CampionatoConvocatorias