Campionato Galego en Cervo

O noso equipo Infantil e Junior participan esta fin de semana na cita máis importante de inverno, o Campionato Galego. Este celebrarase en Cervo (Lugo), en piscina de 50 metros, en cinco sesións de venres pola tarde, sábado e domingo.

Este equipo está formado por un total de 12 deportistas, 9 de categoría infantil e 3 de categoría junior. Participarán en 29 probas individuais, en tódalas remudas femininas de categoría infantil e nas de 4×100 libre e 4×100 estilos masculino infantil.

Para estar ó día dos resultados do campionato podedes facelo na páxina oficial:

Web do Campionato

Ánimo e sorte a tod@s!!

Convocatorias