Esta tempada hai un gran cambio no Campionato Galego de Verán, xúntanse as categorías Infantil, Junior e Absoluta. Por este motivo, este evento parecerase á Copa Galega de Clubs en canto a participación. O noso club leva 22 nadadores/as que nadarán un total de 78 probas individuais, 3 remudas de categoría Infantil, 3 de categoría Junior e 7 de categoría Absoluta.
Celébrase en 6 sesións, dende o venres 24 ata o domingo 26 e esperamos que este gran equipo, que foi quen de permanecer en División de Honra, compita coma nos ten acostumbrados/as… con excelencia.
A expedición sairá da Piscina de Arteixo ás 10:30 da mañá e desprazarémonos en coches particulares.