Estes últimos catro días celebrouse en Pontevedra o Campionato Galego de verán no que se xuntaron as categorías Infantil, Junior e Absoluta, e houbo sesións de eliminatorias e de finais. O Club Natación Arteixo, con un total de 24 participantes acadou bos resultados de marcas. Destacamos nesta portada as 22 medallas acadadas (17 individuais e 5 en remudas)
O Campionato comezou o xoves pola mañá e durou ata o domingo pola tarde. Tod@s participaban nas sesións de eliminatorias, nas que ademais xogábanse as medallas junior e infantís. Pola tarde nadaron os deportistas que acadaron postos de finalistas absolutos. O noso equipo estaba composto por 7 infantís, 8 junior e 9 absolutos (categoría na que tamén puntúan nadador@s das anteriores). Gracias á magnifica actuación de todos eles e por suposto os resultados das remudas, o noso club conseguiu acadar os seguintes postos a nivel de clasificación por equipos:
MASCULINA |
FEMININA |
CONXUNTA |
|
INFANTIL |
10º |
17º |
|
JUNIOR |
6º |
8º |
8º |
ABSOLUTA |
11º |
4º |
9º |
As remudas femininas de categoría absoluta subiron ó podio en tódalas remudas nas que participaron: acadaron 2 pratas en 4×50 estilos e 4×100 estilos e 3 bronces en 4×100 libre, 4×200 libre e 4×50 libre. O equipo masculino junior, que participou en 3 remudas, acadou un destacado 4º posto en 4×100 estilos, 5º en 4×200 libre e 6º en 4×100 libre. As remudas de 4×50 masculinas absolutas, acadaron o 8º poso en estilos e o 10º en libre. Non nos esquecemos das infantís, que participaron nas 3 remudas do calendario, acadaron o 9º posto en 4×100 estilos, 11º en 4×100 libre e 13º en 4×200 libre.
A nivel individual, acadáronse un total de 17 medallas, 8 en categoría absoluta: 1 ouro, 5 pratas e 2 bronces (Alba, Noelia e Virginia); 7 en categoría junior: 3 ouro, 1 prata, e 3 bronces (Alba, Xián e César); e 2 en categoría infantil: 1 prata e 1 bronce (Nerea Iglesias e Nerea Pazos).
Ademais dos medallistas, foron tamén finalistas: Tamara en 50 costas, Penélope en 50 braza, Emma en 50 braza, Luis en 50 e 100 braza.
O nivel de marcas tanto en probas individuais como en remudas foi bo, con varios récords de club batidos, moitas mellores marcas, e unha nova mínima para asistir ó Campionato de España Infantil, por parte de Nerea Iglesias Muíño, na proba de 100 libre, con un tempo de 1.03.20.
Neste mesmo evento fíxoselle entrega do Premio ADAN á mellor progresión da tempada 2015/2016, á nadadora do noso club Alba Gómez Mesías. Noraboa Alba!!
O Campionato foi largo, pero aínda así, os compoñentes do CNA non perderon a concentración nin as ganas de animar a tódolos nadadores/as que lucían as nosas cores.
Noraboa EQUIPO!!