Campionato Galego de Verán. Resultados

Onte rematou o Campionato Galego de Verán en piscina de 50 metros de categorías junior e absoluto, con un gran éxito deportivo para todo o grupo de 23 deportistas que defenderon as cores do Club Natación Arteixo, e que deixan como resumen moitas MMP, 37 medallas (10 ouros, 11 pratas e 16 bronces), un Récord de Campionato de Mateo García, un histórico 3º posto na clasificación conxunta absoluta, e un 4º na junior.

Tivo lugar en Ourense, na Piscina de Rosario Dueñas, dende o venres ata o domingo, en sesións de eliminatorias pola mañán e finais pola tarde. Celebrábanse dous campionatos no mesmo evento, o Campionato Junior, con Irene, Eva, Candela, Claudia Suárez, Claudia Carballido, Nuria, Paula, Catalina, Alejandro, Manuel, Aarón, Ricardo, Diego e Iván como protagonistas. Xuntos acadaron o 4º posto na clasificación conxunta, 9º na masculina e 3º na feminina. Destacamos nesta categoría  as dúas medallas en remudas femininas, bronce en 4×200 libre e ouro en 4×100 estilos, e un 4º posto en 4×100 libre. As remudas masculinas  acadaron os seguintes postos: 10º en 4×100 libre, 10º en 4×200 libre e 6º en 4×100 estilos.

Destacamos para este grupo a mellora do nivel competitivo dende o Campionato de Inverno e o ambiente competitivo que lle dan ó evento, xa que con eles o noso equipo ten moita máis presencia tanto en cantidade coma en calidade.

Os medallistas foron, Eva, Catalina, Claudia Suárez, Paula Rodríguez, Manuel e Alejandro que obtiveron un total 15 medallas individuais, 2 ouros, 5 pratas e 8 bronces.

No Campionato Absoluto participaron: Eva, Ana, Alba, Nerea Alvite, Lucía, Claudia Suárez, Paula Otero, Paula Rodríguez, Miriam, Alejandro, Manuel Varela, Mateo, Miguel, Manuel Ruibal e Ricardo. Participaron en tódalas remudas do campionato, nas que o equipo masculino fixo historia no club con dúas medallas, un bronce na proba de 4×200 libre e un impresionante e peleado ouro en 4×100 estilos. Os postos no resto das remudas foron, 5º posto en 4×100 libre, 8º en 4×50 estilos e 9º en 4×50 libre.

No caso do equipo feminino, loitaron en tódalas probas entre os postos máis destacados, acadando medalla en tódalas remudas, destacando especialmente no 4×200 libre, na que se impuxeron acadando a medalla de ouro, foron prata en 4×100 libre e 4×50 estilos, e bronce en 4×50 libre e 4×100 estilos. Nesta ocasión é moi importante destacar a clasificación conxunta absoluta, xa que gracias ó aumento da nosa presencia en finais, un total de 37, e o nivel competitivo xeral, rematamos o campionato no 4º posto masculino, 2º feminino e 3º conxunto.

Os nadadores e nadadoras absolutos con medalla foron, Manuel Varela, Mateo, Miguel Ángel, Alba, Ana, Claudia Suárez, Eva e Paula Otero, que obtiveron 13 medallas en probas individuais (5 ouros, 4 pratas e 4 bronces).

Destacamos tamén o Récord de Campionato de Mateo García na proba de 400 libre, proba na que tamén fixo que lle otorgaran dous premios durante a competición, o Trofeo Leopoldo Bremón á mellor proba da Liga Absoluta e o Trofeo Paula Carballido á mellor marca masculina por Táboa Fina do Campionato.

Despedimos a tempada competitiva de Campionatos importantes con este gran éxito deste grupo, que non olvidemos foi 2º na Liga Galega de Clubs, e que xunto con este 3º posto no Galego da conta do nivel no que se atopa o Club Natación Arteixo neste final de tempada 23-24.

Noraboa a tod@s!!

ResultadosMedalleiro