Campionato Galego de Verán

Rematou a cita máis importante para o noso equipo desta tempada, o Campionato Galego de Verán, que se celebrou en Pontevedra dende o xoves 4 ata o domingo 7. Foi un campionato largo pero con moi bos resultados nas clasificacións de equipo, pero sobre todo, foi unha ocasión máis para disfrutar da mellor esencia do Club Natación Arteixo, a capacidade de comportarse como un equipo, tanto na auga coma fora. Neste evento competían tres categorías e todas quedaron entre os 10 mellores clubs de Galicia, destacando o 3º posto feminino absoluto e o 4º masculino infantil.

O Campionato constaba de eliminatorias pola mañán, nas que se xogaban as medallas junior, e finais absolutas e infantís pola tarde. Participamos nun total de 35 finais. O noso equipo estaba composto por 7 infantís, 4 junior e 7 absolutos (categoría na que tamén puntúan nadador@s das anteriores). Gracias á magnifica actuación de todos eles e por suposto os resultados das remudas que foron espectaculares, o noso club conseguiu acadar os seguintes postos a nivel de clasificación por equipos:

MASCULINA

FEMININA

CONXUNTA

INFANTIL

16º

10º

JUNIOR

14º

10º

ABSOLUTA

10º

A nivel de equipo sempre empezamos destacando as remudas. O equipo masculino infantil acadou o 4º posto nas tres remudas nas que participou. O equipo feminino absoluto acadou tres postos de medalla, pero sobre todo regalounos un emocionante 4×100 estilos o domingo, que empezando moi reñido, acabou nun impresionante ouro. Acadamos os seguintes postos:

Para os absolut@s: 4×50 estilos, masculino 12º, feminino prataº;  4×50 libre, masculino 11º, feminino prata; 4×200 libre, masculino 10º, feminino 7º; 4×100 libre, masculino 9º, feminino 4º; e o que remata o campionato, 4×100 estilos, 11º masculino e ouro feminino.

Os nadadores infantís acadaron o 4º posto nas tres remudas, 4×200 e 4×100 libre, e 4×100 estilos. Se seguimos por este camiño, este pode ser un gran equipo nadando a tempada que ven como junior.

A nivel individual tamén hai moito que destacar. Obtivemos un total de 14 metáis, 6 ouros, 3 pratas e 5 bronces, para Alba, Nerea Iglesias, Nerea Pazos, Miguel Ángel e Antía. O nivel de marcas foi bo, con moitas mellores marcas persoais. Foron finalistas absolutos: Luis, Alba, Peni, Carlos, César, Nerea Iglesias, Nerea Pazos, Miguel Ángel e Antía. E tamén tivemos finalistas infantís, Daniel, Manuel, Javier, Cristian e Lucía.

O nadador de categoría infantil, Miguel Ángel Gómez acadou a mínima do Campionato de España de verán na proba de 100 braza. E temos que destacar especialmente a Alba Gómez, xa que acadou dúas veces un Récord de Campionato na proba de 200 libre, nas eliminatorias con un tempo de 2.05.14 e na final con un tempo de 2.04.04, marca que lle levou a ser a gañadora do Premio por puntos FINA «Paula Carballido». Alba ademais acadou dúas mínimas para o Campionato de España Absoluto nas probas de 400 e 50 libre.

O Campionato foi largo, pero aínda así, os compoñentes do CNA non perderon a concentración nin as ganas de animar a tódolos nadadores/as do club, de feito o último día tivo un bo nivel de marcas e foi dos máis animados na grada do Arteixo. Gran referencia dos nosos nadador@s máis veteranos para o grupo de infantís que están empezando a despegar neste deporte.

Noraboa EQUIPO!!

ResultadosMedalleiro