Campionato Galego de Verán

Esta fin de semana celebrouse en Ourense o Campionato Galego de verán no que por primeira vez en varios anos xuntáronse tres categorías, Infantil, Junior e Absoluta. O Club Natación Arteixo, con un total de 22 participantes acadou moi bos resultados tanto individuais coma de clasificación por equipos. Destacamos nesta portada o 3º posto feminino absoluto, 2º masculino junior, o 3º conxunto junior e as 18 medallas acadadas (12 individuais e 6 en remudas).

Neste evento participaron nada máis e nada menos que 403 nadadores e nadadoras de toda Galicia, 24 clubs en total loitando por colarse entre os primeiros postos das clasificacións. O noso equipo estaba composto por 5 infantís, 9 junior e 8 absolutos (categoría na que tamén puntúan nadador@s das anteriores). Gracias á magnifica actuación de todos eles e por suposto os impresionantes resultados das remudas, o noso club conseguiu acadar moi bos postos a nivel de clasificación por equipos, sobre todo nas categorías absoluta e junior:

As remudas femininas de categoría absoluta e as masculinas de categoría junior, sen dúbida, foron o mellor do campionato en canto a traballo de equipo. As nenas subiron ó podio en tódalas remudas nas que participaron: acadaron 1 ouro en 4×50 libre, 2 pratas en 4×100 libre e 4×100 estilos, e 2 bronces en 4×200 libre e 4×50 estilos. O equipo masculino junior, que participou en 3 remudas, acadou 1 bronce en 4×200 libre e dous cuartos postos en 4×100 libre e 4×100 estilos, postos moi ben loitados e moi cercanos a medallas. As remudas de 4×50 masculinas, nadadas por nadadores de categoría junior, acadaron o 9º poso en estilos e o 11º en libre.

MASCULINA

FEMININA

CONXUNTA

INFANTIL

10º

17º

15º

JUNIOR

ABSOLUTA

13º

Non nos esquecemos dos infantís, que con un equipo moi reducido fixo tamén moi bo traballo, acadando bastantes mellores marcas a nivel individual, e o posto 11º en todas as remudas nas tres nas que participaron.

A nivel individual, acadáronse un total de 12 medallas, 7 en categoría absoluta: 1 ouro, 2 pratas e 4 bronces (Alba, Noelia e Virginia); e 5 en categoría junior: 1 ouro,  3 pratas, e 1 bronce (Alba, Martín e César).

O nivel de marcas tanto en probas individuais como en remudas foi moi bo, con varios récords de club batidos e unha nova mínima para asistir ó Campionato de España Junior, por parte de Xián Prego, na proba de 200 estilos, con un tempo de 2.16.98.

Este equipo chegou ó campionato con ganas de competir xuntos, aínda co sabor de boca do éxito da Copa de Clubs, e conseguiuno, cada vez que un gorro verde se preparaba para nadar tiña o ánimo dos seus compañeiros e compañeiras.

Noraboa EQUIPO!!

Resultados

Medalleiro

20160627_remudas220160627_remudas120160627_remudas3