Campionato Galego de Longa Distancia

Este sábado celébrase o Campionato Galego de Longa Distancia, fase territorial do Campionato de España. Será na Piscina pontevedresa de Rías do Sur, en sesión de tarde. Participarán polo Club Natación Arteixo un total de 2 nadadoras e 1 nadador que acadaron a mínima para participar coas marcas nas probas de 800 e 1500 na pasada tempada. En categoría Infantil entrou Nerea Pazos que nadará a proba de 2000 metros. En categoría junior entraron Alba Gómez e Xián Prego, que nadarán 3000 metros.

Sorte e ánimo para eles neste importante evento da natación galega!!

Web do Campionato