Campionato Galego de Longa Distancia

Mañán sábado día 6 de decembro celébrase en Pontevedra o Campionato Galego de Longa Distancia en Piscina. Será nas instalacións de Rías do Sur en dúas sesións. O Club Natación Arteixo participará con tres deportistas, Carla Rodríguez e Iago Guitián, de categoria Junior 1, e Paula Rodríguez, de categoría Junior 2, que nadarán a proba de 3000 metros.

Poderemos estar atent@s ós seus resultados na páxina da FEGAN, os tres nadarán na sesión de tarde.

Ánimo e Sorte!!

Web do Campionato