Campionato Galego de Longa Distancia

Mañán sábado día 7 de decembro celébrase en Pontevedra o Campionato Galego de Longa Distancia en Piscina. Será nas instalacións de Rías do Sur en dúas sesións. O Club Natacion Arteixo participará con tres deportistas, Mateo García e Paula Otero, de categoria senior, e Paula Rodríguez, de categoria Junior 1, que nadarán 3000 metros.

Poderemos estar atent@s ós seus resultados na páxina da FEGAN, os tres nadarán na sesión de tarde.

Web do Campionato