Campionato Galego de Longa Distancia

Este sábado celébrase o Campionato Galego de Longa Distancia, fase territorial do Campionato de España. Será na Piscina de Carballo, para nos, en sesión de tarde. Participarán polo Club Natación Arteixo un total de 2 nadadoras e 1 nadador que acadaron a mínima para participar coas marcas nas probas de 800 e 1500 na pasada tempada. En categoría Senior 1 entraron Javier Carril  e Paula Otero. En categoría senior nadará Alba Gómez. Os tres nadarán 3000 metros.

Sorte e ánimo para eles neste importante evento da natación galega!!

Web do Campionato