Campionato Galego de Londa Distancia

Este sábado día 3 celebrouse en Pontevedra, na Piscina do CGTD, o Campionato Galego de Longa Distancia. Asistiron un total de 4 deportistas e acadamos un total de 2 medallas de ouro, 5º posto por equipos, 4º feminino e 6º masculino.

Tivemos presencia pola mñán na categoría infantil con Paula Rodríguez que acadou o 11º posto feminino na proba de 2000 metros. E tamén pola tarde con 4 deportistas na proba de 3000 metros.  Mateo García foi Ouro Junior_2, Alba Gómez foi Ouro Senior, Ana Veiga 4ª e Nerea Alvite 5ª, as tres na categoría Senior.

Foi unha boa competición para o CNA, sobre todo tendo en conta a data de celebración, entre o Campionato Galego e a Copa de España na que participaremos esta fin de semana.

Noraboa Alba, Ana, Mateo, Nerea e Paula!!

Resultados