O domingo 13 de setembro vaise disputar o Campionato Galego de Augas Abertas na modalidade de contra o reloxo no Encoro de Pontillón de Castro en Verducido (Pontevedra). O Club Natación terá unha boa presenza cun total de sete deportistas e un máster.
A proba que é para federados pertencentes a clubes galegos, vaise disputar sobre unha distancia de 2000 metros e o entorno do Encoro permitirá ó público seguir a proba visualmente.
Participan do noso Club, Jaime Carrodeguas en categoría máster; Alba Gómez en categoría senior; e Paula Otero, Miguel Ángel Gómez, Cristian González, Daniel Capelán, Manuel Ruibal e Javier Carril en categoría junior 2.
Ánimo a tod@s nesta cita competitiva da ainda Tempada 1920!!