Campionato Galego de Augas Abertas

Este sábado 18 de setembro vaise disputar o Campionato Galego de Augas Abertas en Castrelo de Miño, Ourense. O Club Natación Arteixo estará representado por dous deportistas de categoría Junior-1, Paula Otero e Mateo García. Nadarán en sesión de mañán a proba de 5000 metros.

Esta será unha gran cita competitiva, que ainda forma parte da tempada 2021, pero que á vez é a antesala da nova tempada. Para Paula será unha oportunidade de probarse antes da súa cercana participación co Equipo Nacional na 3ª etapa da Copa LEN que se celebrará o 25 de setembro en Barcelona. Para Mateo será estreo nesta modalidade competitiva.

Ánimo Mateo e Paula!!

Web do Campionato