A participación do Club Natación Arteixo foi moi reducida neste campionato, sen poder tirar a remuda feminina por ter unha nadadora lesionada, tan só nadaron Nerea Iglesias e Alejandro Canedo. Este pequeno equipo acadou o 19º posto feminino, 20º masculino e 21º conxunto.
Participaron e 3 probas individuais, nas que acadaron as súas mellores marcas en piscina de 50 metros. Nerea logrou a medalla de bronce na proba de 200 braza. Esta nadadora participará pronto no Campionato de España da súa categoría nas probas de 200 e 400 estilos.
Noraboa!!