Campionato Galego Alevín. Resultados

Esta fin de semana celebrouse en Pontevedra, na Piscina de Rías do Sur, o Campionato Galego Alevín de Inverno e o noso club tivo a participación de 6 nenas e 2 nenos que obtiveron resultados de moita mellora a nivel técnico e de marcas, pero sobre todo, destacamos o ambiente vivido polo grupo nesta experiencia competitiva e de convivencia.

Na clasificación por equipos acadamos o 15º posto feminino e 20º na conxunta. Coma sempre destacamos os postos de remudas, con un 11º en 4×100 libre e 9º na remuda que clausura a competición, 4×100 estilos.

Voltamos con moitas ganas de seguir mellorando para aumentar a nosa participación no Campionato de verán e para consolidar esta base de futuro que significa este Equipo Alevín para o Club Natacion Arteixo.

Noraboa!!

Berto, Roque, Aloia, Daniela, Lola, Lucía, Marta e Martina

Resultados