O noso equipo alevín regresou onte de participar no Campionato Galego de verán. Foi en Cervo, en piscina de 50 metros, e asistiron un total de sete nadadore@s, que fixeron moi bo papel, acadando moitas mellores marcas persoais e facendo un bo traballo de grupo.
Cada deportista nadaba un total de catro probas, e acadaron en total 19 MMP, con unha boa motivación tanto a nivel individual coma de equipo. Acadaron os seguintes postos na clasificación por equipos: 25º masculino, 22º feminino e 26º na conxunta.
A nadadora de 11 anos, Martina Ferro, foi medalla de prata na proba de 50 costas.
Para ver os resultados completos, podedes premer no enlace que deixamos a continuación. Esperamos que este grupiño, descanse este verán para vir con forzas renovadas e afianzarse como equipo adestrando máis e mellor na vindeira tempada.