Campionato Galego Alevín. Resultados

Este domingo pola mañán, tres dos nosos nadador@s alevíns participaron no Campionato Galego que se celebrou en Cervo, Lugo. Os nosos representantes, Aldara Molinelli, J. Manuel Díaz e Diego Prieto, obtiveron mellor marca persoal na proba na que participaron, 100 costas. Volven con moita ilusión de seguir adestrando para poder acudir con máis probas no vindeiro campionato a tempada que ven.

Noraboa ós tres!!

Resultados