Esta fin de semana, o Equipo Alevín do Club Natación Arteixo participou no Campionato Galego de verán. Foi en Ourense, en Piscina de 50 metros. Acadamos o 9º posto na clasificación masculina, 9º na feminina, e o 11º posto na clasificación conxunta.
Os trece compoñentes deste equipo, tiveron que enfrontarse ós nervios da competición máis importante da tempada de verán; ó reto de nadar, moitos por primeira vez, en piscina de 50 metros; e como non, ó reto de mellorarse a si mesmo en cada brazada, para deixar o seu Club en bo lugar.
E vaia se superaron estes retos… foron mellorando o seu nivel competitivo ó longo da competición, rematando con dúas moi boas remudas de 4×100 estilos. Melloráronse moitas marcas individuais. E nas remudas acadaron os seguintes resultados: 4×100 libre, 9º masculino, 9º feminino; 4×200 libre, 12º masculino, 15º feminino; 4×100 estilos, 11º masculino e 9º feminino.
No plano individual obtivemos un total de seis medallas , tres ouros e tres bronces, das nadadoras de 12 anos, Eva Sánchez Bello e Claudia Carballido Naya.
Ademáis, Eva acadou a mínima para asistir ó Campionato de España da súa categoría na proba de 200 costas. Este campionato terá lugar en Tarragona do 18 ó 21 de xullo.
Noraboa a tod@s!!