Campionato Galego Alevín e Liga Adan

Esta fin de semana celébranse dúas competicións con presencia do Club Natación Arteixo.

A partir de mañán sábado e ata o domingo pola tarde, celébrase en Ourense, en piscina de 50 metros, o Campionato Galego Alevín de verán. O Club Natación Arteixo participa con 4 nadadores e 5 nadadoras. Adrián, Héctor, Mateo e Pablo; Antía, Celia, Irene, Lorena e Lucía, participarán nun total de 23 probas individuais, 3 remudas femininas e 2 remudas masculinas. Podedes estar ó día dos resultados en:

Web do Campionato

Por outra banda, algúns infantís e junior participarán na 4ª xornada do Circuíto ADAN en Vigo o sábado pola tarde.

Convocatorias

Sorte e ánimo Equipo!!