O noso xoven equipo alevín participa esta fin de semana no Campionato Galego de Inverno. Será na Piscina de Santa Isabel, en Santiago, e constará de catro sesións, dende o sábado pola mañán ata o domingo pola tarde.
Participamos con 8 nadadores e catro nadadoras, nun total de 38 probas individuais e 6 remudas. Este campionato é a primeira cita importante para este equipo, esperamos que naden ben e que a súa ilusión e motivación estean a tope.
Ánimo e sorte!!