Campionato Galego Alevín

Esta fin de semana celébrase en Ourense o Campionato Galego Alevín de Verán. Será na Piscina Rosario Dueñas, de 50 metros. O máis salientable é o récord de número de participantes do noso club, 13 deportistas en total, 7 nenos e 6 nenas que nadarán un total de 48 probas individuais e 6 remudas.

Esta competición será o sábado e o domingo en sesións de mañán e tarde. Podemos estar ó día de toda a competición, incluidos os resultados, na páxina oficial do campionato.

Sorte EQUIPO!!

Convocatorias

Web do Campionato