Campionato Galego Alevín

Despois dunha tempada de aprendizaxe, enorme mellora individual e como equipo, de gran compromiso co Club, os compoñentes do equipo alevín, asistiron esta fin de semana ó seu primeiro Campionato Galego. Foi en Ourense, en Piscina de 50 metros. Acadamos o 19º posto na clasificación masculina e na feminina, e o 20º posto na clasificación conxunta.

Os oito compoñentes deste pequeno grupo, atopáronse coa realidade dos nervios por un compromiso competitivo importante, dunha piscina máis longa do habitual, cometeron fallos que sen dúbida ensinaralles a ser deportistas máis grandes. Aprender dos erros, saber seguir adiante mellorando na seguinte proba, levantándose e competindo mellor despois de cada caída, e como se forman os bos competidores/as.

Melloráronse case todas as marcas individuais e acadamos os seguintes postos en remudas: 16º no 4×100 estilos feminino, 13º no 4×100 libre masculino e 19º no 4×200 libre feminino.

A nadadora Antía Gómez Taibo acadou dúas medallas da súa idade, ouro en 100 costas e prata en 200 estilos.

Noraboa a tod@s!!

Resultados