Campionato Galego Alevín

A partir de mañán sábado e ata o domingo pola tarde, celébrase en Ourense, en piscina de 50 metros, o Campionato Galego Alevín de verán. O Club Natación Arteixo participa con 4 nadadores e 4 nadadoras. Cristian, Daniel, Manuel, Miguel; Antía, Celia, Lorena e Lucía, participarán nun total de 16 probas individuais, 3 remudas femininas e 2 remudas masculinas.

Sorte e ánimo Equipo!!

Podedes estar ó día dos resultados en:

Web do Campionato