Campionato Galego Alevín

Esta fin de semana en Carballo celebrouse o Campionato Galego Alevín de verán, no que o Club Natación acadou o 14º posto na clasificación conxunta (13º masculino e 11º feminino). Foi moi importante o ambiente respirado entre o equipo, que con un bo comportamento permaneceu unido e animado no que foi un campionato difícil pola súa duración.

No plano individual, destacamos que se rebaixaron moitas mellores marcas individuais, e obtivemos un total de 5 medallas. Nerea Pazos, ouro en 200 bolboreta; Nerea Iglesias, prata en 200 braza, bronce en 100 braza e bronce en 200 estilos; David Iglesias, bronce en 100 estilos.

Nas remudas, que sempre destacamos, acadamos os seguintes postos:

4×200 libre (11º masculino, 18º feminino); 4×100 libre (10º masculino, 15º feminino); 4×100 estilos (11º masculino, 11º feminino)

Agora toca descansar un par de días, e empezar a adestrar para nadar a Travesía de Suevos.

¡¡Noraboa a todo o Equipo Alevín por este Campionato!!

Adrián, Anxo, Alex, Carlos, David, Ergín e Iván. Iria, María, Nerea Iglesias, Nerea Pazos e Nicole.

Fotos do Campionato

Resultados