Esta fin de semana é o turno da competición máis importante para o Equipo Alevín, nadarán o Campionato Galego en Pontevedra, en dúas xornadas de sábado e domingo pola mañán e pola tarde. Participaremos nun total de 18 probas individuais, tres remudas femininas de 4×100 libre, 4×200 libre e 4×100 estilos, e masculina de 4×100 libre.
Irlanda, Lola, Lucía, Vera, Xiana, Daniel, Martín, Pedro e Xavi serán os encargados de representar ó Club Natación Arteixo neste evento. Poderemos estar atent@s ós seus resultados e a toda a información do campionato no seguinte enlace.
Ánimo e sorte!!


