Esta fin de semana é o turno da competición máis importante para o Equipo Alevín, nadarán o Campionato Galego en Cervo, en dúas xornadas de sábado e domingo pola mañán e pola tarde. Participaremos nun total de 32 probas individuais e as tres remudas femininas de 4×100 libre, 4×200 libre e 4×100 estilos.
Alejandra, Aloia, Daniela, Lola, Lucía, Marta, Martina, Berto, Roque e Yago serán os encargados de representar ó Club Natación Arteixo neste evento. Poderemos estar atent@s ós seus resultados no seguinte enlace.
Ánimo e sorte!!


