O noso equipo alevín están recén chegado do seu Campionato Galego. Empezaron a primeira sesión con moitos nervios pola importancia da cita e polo seu estreo en piscina de 50 metros, pero souberon ir revasando esta barreira e o seu nivel competitivo foi indo a mellor durante todo o evento.
Tivemos unha reprentante feminina, Miriam, e catro representantes masculinos que participaron, ademáis de en probas individuais, nas 3 remudas do campionato, Aarón, Diego, Ricardo e Santi. Coma sempre destacaremos estes resultados: 4×200 libre, acadaron o 14º posto, en 4×100 libre, o 15º posto e na remuda que clausura sempre este evento, o 4×100 estilos remataron no 11º posto.
Noraboa por estes resultados e pola ilusión entregada no Campionato!!